![]() |
||
O Plan "Vigo Íntegra" desintegra GondomarO goberno de Gondomar presentou unha alegación ao plan de infraestruturas da Xunta, Vigo Íntegra, para que elimine os proxectos que están contemplados neste Concello. O alcalde, Antonio Araúxo, cUalificou onte como «un disparate» a intención de realizar unha vía de alta capacidade con características de autovía que enlace Tomiño co acceso da autoestrada na Areíña. O rexedor nacionalista afirmou onte que o trazado levaría por diante medio centenar de vivendas e desmembraría as parroquias de Vilaza, Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso. Dixo que a Xunta non tivo en conta as vivendas de recente construción porque empregou unha cartografía de fai máis de 15 anos para trazar este viario. Por outra banda, o goberno de Gondomar tamén rexeita a «suposta» avenida de circunvalación que partiría do centro da vila condal e que entroncaría co acceso da Areíña, logo de levar por diante a casa reitoral, a gardería municipal, o cuartel da Garda Civil e varios edificios de vivendas. Antonio Araúxo opinou que agora é o momento de arrincar o problema de raíz e alertou ás autoridades da Xunta que con proxectos deste tipo comezou o declive político de Cuiña. O goberno de Gondomar considera que debería investirse en mellorar o transporte público ou na construción de carrís para bicicletas antes de invadir o territorio con asfalto para facer novos viarios que consideran innecesarios e prexudiciais para os veciños. Para unha información máis detallada sobre o plan "Vigo Íntegra" e as alegacións ao mesmo, o BNG de Gondomar recomenda visitar o blogue da Plataforma pola retirada do proxecto "Vigo Íntegra" en Gondomar. ¡Gondomar vive!
Por primeira vez na historia de Gondomar, o Concello celebrará o 28 de xuño Día Internacional do Orgullo LesbiGai. É importante que os cidadáns visualicen o cambio e o valor do mesmo, tamén nas formas e nas actitudes á hora de facer política que os diferentes gobernos practican. Non todos os políticos ou partidos somos iguais. En Gondomar hai un ano que cambiaron as cousas e hoxe, ademais de xestionar melloras e proxectos que aumenten a calidade de vida dos cidadáns, de procurar un urbanismo racional e con base legal para todos, tamén queremos anunciar ao mundo que Gondomar é un concello solidario, especialmente con aquelas persoas que no mundo sofren persecución, marxinación ou, mesmo a morte, por pensar diferente ou simplemente porque a súa orientación sexual é distinta cá da maioría. Neste senso, en moitos países do mundo ser homosexual é castigado coa pena de morte. Ben é certo que na nosa sociedade avanzouse moito neste aspecto, pero non sempre foi así e, en todo caso, cómpre afortalar as conquistas sociais e os dereitos humanos logrados para non retroceder nin un milímetro . Isto mesmo foi o que entendemos dende o goberno municipal por iso pasamos da teoría á práctica. Este ano celebrámolo cun bando da Alcaldía ao respecto e pendurando a bandeira ARCO DA VELLA DENDE O BALCÓN PRINCIPAL DA Casa do Concello, animando a todos os veciños e veciñas de Gondomar a practicar sempre a tolerancia e a respectar a diferenza, sexa cal sexa., e porque non, aos que así o decidan a expresaren con liberdade a súa opción sexual se así o quixeren facer. En Gondomar a 27 de xuño de 2008 Antonio Araúxo Quintas Alcalde de Gondomar O BNG lanza un blog sobre a Entidade Local de Morgadáns O PACTO EN GONDOMAR. Contestación ao PSOE O BNG de Gondomar, ao fio das declaracións feitas aos medios de comunicación polo PSOE sobre a ruptura das negociacións para acadar un pacto de goberno no noso concello, quere manifestar o seguinte: 1º.- O BNG lamenta profundamente a decisión tomada polo PSOE de romper de xeito unilateral as conversas co BNG para conseguir un pacto de goberno en Gondomar. 2º.- O BNG non pode facer outra cousa que respectar a súa decisión, e pídelle tanto ao PSOE como ao resto da Corporación Municipal, que apartires de agora actúe con coherencia e poñendo sempre por diante os intereses da cidadanía de Gondomar. 3º.- O BNG quere deixar claro perante a opinión pública que nada ten que ver coa devandita decisión, e que é responsabilidade do propio PSOE explicar á cidadanía ás verdadeiras razons para este desenlace. 4º.- Dende o BNG, agardábamos unha reconsideración por parte do PSOE á nosa última oferta, polo que ás súas declaracións públicas causaronnos sorpresa, aínda que cabe salientar que xa dende o inicio das negociacións albiscábanse ás súas reticencias a acadar un pacto de goberno. 5º.- En todo caso, os veciños e veciñas de Gondomar deben ser coñecedores da nosa devandita proposta para configurar un goberno municipal con maioría, e que lamentablemente foron rexeitadas polo PSOE segundo ás súas propias declaracións, a saber:
ÁREAS
6º.- Manifestar que o BNG aparca “sine die” as negociacións, para centrarse no goberno municipal e nos importantes e significativos proxectos e realidades desenvolvidos e acadados nes curto espazo de tempo polo BNG, cun Goberno estable e eficaz a pesar de traballar en minoría e sen retribucións, tales como o novo PXOM, ordenación do PERI da Pasaxe, o novo centro de saúde, o paseo fluvial e carril bici, a próxima apertura da Galescola e do Punto Limpo, na construcción de vivenda pública, etc. e sobre todo na optimización dos recursos humanos, técnicos é económicos da Administración Municipal. Mentres, permaneceremos a espera de que á actual dirección local do PSOE, reconsidere a súa postura, e retomar as negociacións dentro dun clima de lealdade e confianza entre as partes, para o cal é preciso que o PSOE de Gondomar reflexione e asuma de unha vez por todas, os resultados electorais neste Concello hai case un ano. E xa por último, lembrarlle ao PSOE de Gondomar, que seu voto nesta investidura non é consecuencia da súa xenerosidade, senón que dimana doutros pactos acadados a nível nacional. Gondomar, 11 abril de 2008. Video da investidura de Antonio Araúxo como Alcalde de Gondomar Se non podedes visualizar o video, podedes atopalo aquí.
| |