O novo Goberno de Gondomar atópase coa caixa baleira e unha débeda dun millón de euros.
Despois da análise económico-financieiro do Concello de Gondomar e da incorporación da nova Interventora Municipal o Goberno de Gondomar quere por de manifesto a situación herdada da xestión do ex Alcalde do PP Sr. Carlos Silva Mariño e o seu goberno:
1º 1 millón de euros de facturas por pagar.
2º As partidas orzamentadas dos distintas áreas de goberno totalmente gastadas, mesmo algunhas en números vermellos.
3º O remanente de Tesourería a cero.
Velaiquí a situación na que deixou o Partido Popular a economía do Concello. Unha situación dramática e moi preocupante que hipoteca en grande medida a acción do goberno actual.
Só uns cantos exemplos da súa xestión nos seis meses que estiveron ao fronte do Concello no ano que andamos(ata o15 de xuño de 2007):
O Sr. Alcalde como responsábel de Cultura, logo da saída do goberno do Sr.Mosquera, fixo a contratación dos concertos de vran sen consignación orzamentaria algunha, débese canto concerto e grupos el contratou a maiores a partida de Cultura deixouna en números vermellos.
O Servicio de mantemento da calefacción do inverno pasado esta sen pagar por falla de cartos nesa partida.
O auditorio Lois Tobío leva 15 anos con luz de obra e require unha nova instalación cun custe de 60.000€ (Xa o este goberno tivo que realizar as xestións para evitar o corte de subministro eléctrico que afectaría ao propio auditorio e ao Conservatorio de Música)
As obras da piscina Municipal non poden comezar por precisar dun novo proxecto para adaptala ao novo código técnico de construcción, que custa 24.000E e que pode supoñer un incremento do custe da piscina superior ao 20%, incluso pode supoñer ter que ir a unha nova adxudicación da obra da obra.
No pavillón deportivo de Donas perdeuse unha subvención de 50.000€ por certificar fora de prazo (cantidade que este goberno ten que asumir con fondos propios)
No Centro Neural quedou unha débeda de 27.000€por un incremento de obra indebidamente fiscalizado.
Só na partida de estradas hai en números vermellos 300.000 euros. Ou en combustíbel 27.000€ en números vermellos,, Ou en Gasto Correntes en Ensino 80.000€ en números vermellos.
O Tracor desbrozador do Concello levaba dende xaneiro deste ano estropeado e este goberno tivo que pagar por adiantado para sacalo do taller.
Nun caixón tirado e esquecido dende había dous anos estaba un proxecto PRODER dun paseo fluvial polo río Miñor, dotado con 150.000€ e que este goberno tivo que rescatar para non perder a subvención e polo en marcha.
Etc., etc., etc...
Dado o permanente discurso do Sr.Carlos Silva e do Partido Popular en afirmar que Gondomar está sen goberno, este foi o seu xeito de gobernar durante o seus mandatos.
A este goberno tócalle agora xestionar esta situación e por en marcha unha nova andaina onde o ben común e a calidade dos servizos dados polo Concello aos cidadáns sexan rexidos pola eficacia, a eficiencia e a dilixencia na xestión.
(Gondomar 31/10/07)
|